Despois dunha primeira etapa de encontros coa veciñanza, o Ruralactivo entra a partir de outubro nunha nova fase: a formativa. Impartiranse cursos segundo as necesidades detectadas, faranse visitas a iniciativas de interese e… moito máis!
Séguenos neste blogue e poderás ir vendo e coñecendo moito do que iremos aprendendo.
Queres recibir máis información? Escríbenos a info[@]ruralactivo.com ou chama ao 693354879 (luns a venres de 9 a 14h). Tamén podes encontrarnos no Twitter (@ruralactivo) e no Facebook.