Coñecendo… o Estruming Days

Hoxe queremos coñecer unha iniciativa da “familia”, mellor deixemos que se describan elas mesmas!

Lugar no que asenta: Galicia
5 palabras que definan a iniciativa:
pemes, innovación, rede, rurbano, cooperación

logoestruming

Podedes presentar en poucas palabras o Estruming Days? Estruming Days é unha plataforma para a formación innovadora, o networking intersectorial e a comunicación actual das pequenas organizacións vinculadas ao rural galego.

Que vos animou a pór en marcha este proxecto? Porque viamos necesario visibilizar cara á cidadanía en xeral o traballo innovador que están a facer pequenos emprendedores e doutra banda, a necesidade de conectalos e relacionalos para xerar rede e intercambio de coñecementos entre eles.

Que servizos ofrecedes ou que actividades desenvolvedes? Formación, networking e comunicación dixital.

A que tipo de público vos dirixides? Pequenas empresas, profesionais, artesáns, organizacións públicas e privadas, emprendedores.

estruming2

Como é un día de actividade no Estruming Days? Moita lectura e moita busca de noticias e artigos sobre empresa, agro, economía, innovación nos modelos de negocio… tanto en Galicia, coma en España e no ámbito internacional. Xestión de bases de datos e de contactos, redacción de proxectos formativos, busca de socios, comunicación interna coa comunidade estruming, comunicación externa nas redes sociais…

A nivel interno, que tipo de organización tedes? Agora mesmo non temos unha figura legal específica. Trátase dun proxecto aberto á colaboración e participación de entidades e profesionais interesados en conectarse con outros emprendedores e formarse en  innovación no seu modelo de negocio.

Mantedes colaboracións con outras iniciativas do voso ou doutros sectores? Si. Mantemos comunicación e relación con todas as entidades que poden aportar experiencia e valor para todas aquelas persoas que traballan no territorio galego cos recursos locais.

Botades en falta iniciativas semellantes na vosa contorna? Se é que si, de que tipo? Botamos en falta o compromiso e o apoio económico e técnico de entidades publicas que traballan na dinamización rural, na promoción económica e na xeración de emprego local. Os organismos públicos xestionados pola organización que sexa contan co privilexio de xestionar os recursos que a cidadanía dispón para o benestar e teñen a obriga de traballar en prol deses intereses comúns, non os partidarios.

Como imaxinades a vosa cidade dentro de vinte anos? Preocupante, con poucas expectativas de futuro. Coma unha vila pequena, con pouca actividade económica, residencia de anciáns. Non me gusta esta visión pero é o que imos abocados se non temos capacidade de diversificar e apoiar outros sectores económicos ademais dos servizos.
IMG_2222-1024x682

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s