Visitas a experiencias: inscrición aberta!

Como continuación da Escola de Coñecementos, desde o RuralActivo propómosvos dúas excursións para visitar e coñecer iniciativas xa en marcha. Anímaste? As excursións son gratuítas e só tes que inscribirte no noso formulario (non se inclúen comidas nin bebidas, cada persoa faise cargo da súa manutención).

Aínda non temos os horarios definitivos do día 5 de abril, si para o día 15 de marzo:

  • Día 15 de marzo: Excursión de xornada completa (saída cedo pola mañá e volta á tardiña). Visitaranse os viñedos ecolóxicos de Cume do Avia (Santo André de Camporredondo, Ribadavia) e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso (Lodoselo, Ourense).
      • 9.00 h.: saída do Centro Cultural de Santa María de Xeve, con paradas na estación de autobuses de Pontevedra e parada na gasolineira de Ponteareas.
      • 11.00-13.00 h.: Visita dos viñedos de Cume do Avia.
      • 14.30 h.: Chegada a Lodoselo, xantar e visita das instalacións de CDR O Viso.
      • 18.00 h.: Saída para Pontevedra, con paradas en Ponteareas, estación de autobuses de Pontevedra e Centro Cultural de Santa María de Xeve.
    • Para xantar ofrécense dúas posibilidades: Solicitar o menú do C.D.R. O Viso (10€ que se pagan alí) ou levar a comida da casa (no Viso facilítannos un espazo para comer). A organización só reserva o menú (indícase no formulario a opción preferida), o pagamento faino cada persoa unha vez esteamos alí.
  • Día 5 de abril: Excursión de media xornada (saída cedo pola mañá e volta ao mediodía). Visitaranse a explotación agroecolóxica de Carme Freire, da iniciativa Lentura (Rois, A Coruña), e o Mercado de Alimento Labrego dos Tilos (Teo, A Coruña).

En ambos os casos a saída realízase desde a casa da cultura de Santa María de Xeve, con parada posterior na estación de autobuses de Pontevedra e con volta a eses mesmos lugares.

Inscricións abertas! Podes apuntarte aquí: formulario ou chamando ao 693/354/879 (luns a venres, de 9 a 14h).

Advertisements

Un comentario en “Visitas a experiencias: inscrición aberta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s