Coñecendo a Isabel e Susana

O RuralActivo quere despedirse con esta entrevista a Isabel e Susana, dúas veciñas do lugar dos Fontáns, en Santa María de Xeve. Participaron activamente neste proxecto desde o seu comezo e están a pór en marcha un proxecto de autoemprego. Para elas todos os nosos mellores desexos e todo o noso apoio!! Lugar no que asenta: En Maúnzo…

Despedida do RuralActivo

Lamentamos comunicarvos que o Concello de Pontevedra decidiu non dar continuidade ao RuralActivo, co cal procederemos a dar por finalizado o proxecto. Estes meses sen comunicación debéronse a que estabamos á espera de que o Concello nos confirmase ou non a seguinte fase, que tentaría axudar dunha forma máis práctica ás iniciativas de autoemprego da…

Fin da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos, a fase formativa do RuralActivo, chegou ao seu fin após a visita realizada o 5 de abrill ás iniciativas Lentura e Mercado de Alimento Labrego dos Tilos (abaixo podedes ver algunhas fotos). En breve convocarase un encontro con todas as persoas que participastes para falarmos sobre todo o proceso e sobre o…

Memoria da visita do 15 de marzo, seguinte?

Este pasado sábado 15 de marzo realizouse a primeira visita a iniciativas do RuralActivo. Coñecemos dúas propostas diferentes e moi interesantes, ambas relacionadas co mundo do rural: Cume do Avia e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. Os rapaces da cooperativa Cume do Avia, perto de Ribadavia, faláronnos da súa experiencia, de como levan…

Imaxe promocional

Visitas a experiencias: inscrición aberta!

Como continuación da Escola de Coñecementos, desde o RuralActivo propómosvos dúas excursións para visitar e coñecer iniciativas xa en marcha. Anímaste? As excursións son gratuítas e só tes que inscribirte no noso formulario (non se inclúen comidas nin bebidas, cada persoa faise cargo da súa manutención). Aínda non temos os horarios definitivos do día 5…

Fin dos cursos do RuralActivo… E agora? Máis!

Remataron os cursos mais o RuralActivo aínda ten moita corda! Após o grande éxito de convocatoria destes meses, imos lanzar unha nova proposta, máis práctica, máis visual, máis… táctil! En breve informaremos… Abaixo tendes unha foto que dá moitas pistas… Se queres recibir información no teu correo electrónico, só tes que cubrir este formulario.

Esgotadas as prazas para os cursos da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos do RuralActivo esgotou as prazas para os seus cursos. Con varias semanas de antelación o curso “Coidados e atención á infancia e á terceira idade” xa chegou ao máximo de persoas inscritas (52). Grazas polo voso interese! Se queres que che informemos das futuras actividades do RuralActivo podes cubrir o formulario de Inscrición. A Escola…

Coñecendo… o Estruming Days

Hoxe queremos coñecer unha iniciativa da “familia”, mellor deixemos que se describan elas mesmas! Lugar no que asenta: Galicia 5 palabras que definan a iniciativa: pemes, innovación, rede, rurbano, cooperación Podedes presentar en poucas palabras o Estruming Days? Estruming Days é unha plataforma para a formación innovadora, o networking intersectorial e a comunicación actual das…

Isto avanza! Terceiro curso do RuralActivo

Pasados xa os dous primeiros cursos, durante o mes de xaneiro teremos o máis que interesante curso ‘Agroecoloxía e diversificación de montes‘ , o único con tres sesións. Aínda que xa están esgotadas as prazas para ese curso, lembrade que tendes a posibilidade de vos inscribir no noso derradeiro curso ‘Coidados e atención á infancia e…