Cada curso que se ofrecerá gratuitamente dentro da Escola de Coñecementos do Ruralactivo, dispón da súa páxina. Podes preinscribirte cubrindo un formulario (formulario de inscrición nos cursos). Nelas iremos ofrecendo información actualizada (contidos, recursos, etc.):
- Organización empresarial e financiamento alternativo (19 e 26 de novembro de 2013)
- Turismo e patrimonio (10 e 17 de decembro de 2013)
- Agroecoloxía e diversificación de montes (14, 21 e 28 de xaneiro de 2014)
- Coidados e atención á infancia e á terceira idade (11 e 18 de febreiro de 2014)
- Xornadas de transmisión de sabedoría (datas por decidir)
Todos os cursos son gratis, de 19 a 21h, na Casa da Cultura de Santa María de Xeve (como chegar desde Pasarón: mapa / outro mapa) e abertos para calquera persoa interesada.
Ao finalizar cada curso faremos entrega dun diploma acreditativo de asistencia. Se sumas 10 ou máis horas de cursos do RuralActivo poderás solicitar un certificado oficial de asistencia.
NOVIDADE: Se un mínimo de 10 persoas o solicitan, o Concello de Pontevedra ofrecerá transporte gratuíto desde a estación de autobuses da cidade até o centro cultural de Santa María de Xeve.
Queres que che informemos persoalmente? Podedes solicitar que vos informemos directamente enviándonos o voso email e/ou teléfono a info[@]ruralactivo.com ou dicírnolos por teléfono 693354879 (luns a venres de 9 a 14h).