Este curso terá tres sesións, os días 14, 21 e 28 de xaneiro de 2014, todas serán de 19 a 21h na Casa da Cultura de Santa María de Xeve (mapa):
- Sesión 1. Contextualización: Problemas globais e que hai que facer para montar un proxecto de agroecoloxía en Galiza (lexislación, requisitos, etc). Impartida por Feitoría Verde, S. Coop. Galega. (Na Biblioteca podes encontrar a presentación utilizada nesta sesión).
- Sesión 2. Experiencias de agricultura ecolóxica. Con Belén Fervenza (A Horta do Cadaval, Redondela).
- Sesión 3. Aspectos prácticos para a diversificación de montes: Aspectos técnicos e potencialidades do monte e experiencia de exemplo.
- Aspectos técnicos e potencialidades do monte, con Laura Nieto.
- Experiencia: Abella Lupa.
PRAZAS ESGOTADAS!! Podes inscribirte no seguinte curso no formulario de inscrición nos cursos.
Xa temos confirmado o autobús que vai de Pontevedra a Santa María de Xeve os tres días do curso:
- Horario: Ida ás 18:30h e volta sobre as 21h (ao finalizar a sesión).
- Lugar: No parking da parte de arriba da estación do autobuses.
O autobús aparcará na parte superior da estación de buses, é un da empresa Cuíña. Por favor, pedimos puntualidade. Se non encontrades o bus ou tendes algún outro problema podedes chamar á nosa compañeira Paula (698161760), que estará alí.