Serán dúas sesións formativas baseadas nos intereses e propostas de coñecementos definidas pola veciñanza das tres parroquias. Nunha reunión previa definiranse as temáticas, as datas e as persoas “mestras”. Despois realizaranse as dúas xuntanzas temáticas nas que o grupo vaia aprendendo dos coñecementos das persoas do propio grupo, e facilitar que o grupo se autoxestione para as seguintes.
A seguinte sesión das xornadas de transmisión de sabedoría será o día 17 de xaneiro (venres) de 19 a 21 horas. A participación é aberta, aínda que non asistiras á primeira sesión seguro poderás aprender e ensinar moito! Continuarase o traballo da primeira sesión sobre agricultura ecolóxica, verase a posibilidade de organizar unha saída para coñecer outras experiencias, etc.
Na sección Biblioteca xa podes encontrar a presentación utilizada na primeira sesión das xornadas, sobre produción ecolóxica!
Pingback: Isto avanza! Terceiro curso do RuralActivo |