Coñece o Ruralactivo

RuralActivo é un programa de dinamización socioecómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido, promovido polo Concello de Pontevedra e dinamizado por MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega e Feitoría Verde S.Coop.Galega.

En outubro do ano 2013 entrou nunha segunda fase, que chamamos *Escola de Coñecementos*, a cal se concibiu como unha serie programada de encontros e actividades, deseñada para informar, asesorar e formar a veciñanza .

O deseño desta ‘escola formativa’ realizouse a partir das conclusións extraídas na primera fase do RuralActivo: os faladoiros, onde a xente analizou as parroquias, as súas potencialidades (como o patrimonio material, inmaterial e ambiental) e onde comezou a dar forma a posíbeis iniciativas de autoemprego.

Ao mesmo tempo, nesta escola aberta traballarase para a valorización e recuperación de saberes populares e tradicionais, á vez que se fomentarán dinámicas de cooperación e autoorganización dentro do grupo de cara a un posible e futuro proxecto en común.

Trátase de conseguir unha interacción real entre diferentes sectores da sociedade das tres parroquias de Xeve, especialmente entre mulleres e xente nova, e lograr mellorar as relacións sociais e construír, colectivamente, procesos e estratexias de desenvolvemento territorial en base ao seu patrimonio.

A Escola de Coñecementos é un espazo aberto á participación cidadá, non é necesario matricularse! Iremos informando nas redes sociais, por email, con carteis e folletos polas parroquias e mesmo podemos ir á túa asociación explicar de que vai isto.

Contáctanos escribindo a maos[@]maos.gal ou chama ao 694 401 505 (luns a venres de 9 a 14h).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s