Que fixemos?

En marzo de 2013, Ruralactivo comezou un proceso de diálogo e traballo colectivo coa veciñanza das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido. Os obxectivos que se tiñan eran moitos, mais todos encamiñados a conxugar as potencialidades do patrimonio destas parroquias co autoemprego.

Realizamos tres encontros chamados Faladoiros, nos que os veciños e veciñas identificaron os recursos e as potencialidades do territorio e se perfilaron algunhas ideas de autoemprego.

Froito destes encontros e dunha labor documental sobre as parroquias que foi desenvolvida de xeito paralelo, obtívose un documento de Análise documental e participada. Asemade, serviu para determinar os temas sobre os que vos teriades que formar para poñer en marcha proxectos de autoemprego na vosa contorna.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s