Imaxe promocional

Visitas a experiencias: inscrición aberta!

Como continuación da Escola de Coñecementos, desde o RuralActivo propómosvos dúas excursións para visitar e coñecer iniciativas xa en marcha. Anímaste? As excursións son gratuítas e só tes que inscribirte no noso formulario (non se inclúen comidas nin bebidas, cada persoa faise cargo da súa manutención). Aínda non temos os horarios definitivos do día 5…

Fin dos cursos do RuralActivo… E agora? Máis!

Remataron os cursos mais o RuralActivo aínda ten moita corda! Após o grande éxito de convocatoria destes meses, imos lanzar unha nova proposta, máis práctica, máis visual, máis… táctil! En breve informaremos… Abaixo tendes unha foto que dá moitas pistas… Se queres recibir información no teu correo electrónico, só tes que cubrir este formulario.

Esgotadas as prazas para os cursos da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos do RuralActivo esgotou as prazas para os seus cursos. Con varias semanas de antelación o curso “Coidados e atención á infancia e á terceira idade” xa chegou ao máximo de persoas inscritas (52). Grazas polo voso interese! Se queres que che informemos das futuras actividades do RuralActivo podes cubrir o formulario de Inscrición. A Escola…