RuralActivo proxectou para finais do 2013 e comezos do 2014 un plan de formación variado e, o máis importante, definido polos veciños e veciñas das parroquias con vontade de emprender; isto é a Escola de Coñecementos.
A Escola de Coñecementos é o espazo no que solucionar as principais dúbidas e recibir de primeira man consellos e coñecementos doutras iniciativas galegas que se autoxestionan e fan un uso respectuoso dos recursos do rural.
Ao finalizar este plan formativo, estaba proxectado pór en común persoas con ideas de autoemprego semellantes, orientaremos no seu deseño e acompañaremos a posta en marcha dunha das iniciativas propostas.