Fin dos cursos do RuralActivo… E agora? Máis!

Remataron os cursos mais o RuralActivo aínda ten moita corda! Após o grande éxito de convocatoria destes meses, imos lanzar unha nova proposta, máis práctica, máis visual, máis… táctil! En breve informaremos… Abaixo tendes unha foto que dá moitas pistas… Se queres recibir información no teu correo electrónico, só tes que cubrir este formulario.

Esgotadas as prazas para os cursos da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos do RuralActivo esgotou as prazas para os seus cursos. Con varias semanas de antelación o curso “Coidados e atención á infancia e á terceira idade” xa chegou ao máximo de persoas inscritas (52). Grazas polo voso interese! Se queres que che informemos das futuras actividades do RuralActivo podes cubrir o formulario de Inscrición. A Escola…

Coñecendo… o Estruming Days

Hoxe queremos coñecer unha iniciativa da “familia”, mellor deixemos que se describan elas mesmas! Lugar no que asenta: Galicia 5 palabras que definan a iniciativa: pemes, innovación, rede, rurbano, cooperación Podedes presentar en poucas palabras o Estruming Days? Estruming Days é unha plataforma para a formación innovadora, o networking intersectorial e a comunicación actual das…

Isto avanza! Terceiro curso do RuralActivo

Pasados xa os dous primeiros cursos, durante o mes de xaneiro teremos o máis que interesante curso ‘Agroecoloxía e diversificación de montes‘ , o único con tres sesións. Aínda que xa están esgotadas as prazas para ese curso, lembrade que tendes a posibilidade de vos inscribir no noso derradeiro curso ‘Coidados e atención á infancia e…

Coñecendo… a Cestola na Cachola

Hoxe achegámonos a Cestola na Cachola, un proxecto interesantísimo, innovador e moi creativo. Deixemos que sexan elas coas súas propias palabras quen se descubran… Lugar no que asenta: movémonos principalmente entre terras do Deza e Compostela 5 palabras que definan a iniciativa: pintura e ilustración desde a economía social Podedes presentar en poucas palabras Cestola…

Coñecendo… o grupo de consumo A Gradicela

Aquí tendes a terceira entrega das entrevistas a iniciativas do Concello de Pontevedra. Hoxe coñeceremos un pouco mellor o grupo de consumo A Gradicela. Lugar no que asenta: Pontevedra 5 palabras que definan a iniciativa: consumo ecolóxico xusto responsable local Podedes presentar en poucas palabras A Gradicela? Grupo aberto, actualmente de 20 unidades familiares, que…

Coñecendo… a asociación Seiva

Continuando coa sección de entrevistas inaugurada coa Casa de Ana, entrevistamos á asociación Seiva. Coñezámola! Lugar no que asenta: Galiza 5 palabras que definan a iniciativa: natureza, sustentabilidade, ecoloxía, educación ambiental, participación Podedes presentar en poucas palabras a asociación Seiva? Seiva é unha asociación creada para asesorar e informar persoas e colectivos sobre a necesidade…

Coñecendo… a Casa de Ana

Con esta entrevista á Casa de Ana inauguramos unha nova sección da nosa web, “Coñecendo…”, onde iremos dando voz a diversas experiencias emprendedoras, fundamentalmente no ámbito do rural. Lugar no que asenta a Casa de Ana: Salcedo, Pontevedra 5 palabras que definan a iniciativa: rural, encontro, gastronomía, cultura, fogar Podedes presentar en poucas palabras a…