Despedida do RuralActivo

Lamentamos comunicarvos que o Concello de Pontevedra decidiu non dar continuidade ao RuralActivo, co cal procederemos a dar por finalizado o proxecto. Estes meses sen comunicación debéronse a que estabamos á espera de que o Concello nos confirmase ou non a seguinte fase, que tentaría axudar dunha forma máis práctica ás iniciativas de autoemprego da…

Fin da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos, a fase formativa do RuralActivo, chegou ao seu fin após a visita realizada o 5 de abrill ás iniciativas Lentura e Mercado de Alimento Labrego dos Tilos (abaixo podedes ver algunhas fotos). En breve convocarase un encontro con todas as persoas que participastes para falarmos sobre todo o proceso e sobre o…

Fin dos cursos do RuralActivo… E agora? Máis!

Remataron os cursos mais o RuralActivo aínda ten moita corda! Após o grande éxito de convocatoria destes meses, imos lanzar unha nova proposta, máis práctica, máis visual, máis… táctil! En breve informaremos… Abaixo tendes unha foto que dá moitas pistas… Se queres recibir información no teu correo electrónico, só tes que cubrir este formulario.

Esgotadas as prazas para os cursos da Escola de Coñecementos

A Escola de Coñecementos do RuralActivo esgotou as prazas para os seus cursos. Con varias semanas de antelación o curso “Coidados e atención á infancia e á terceira idade” xa chegou ao máximo de persoas inscritas (52). Grazas polo voso interese! Se queres que che informemos das futuras actividades do RuralActivo podes cubrir o formulario de Inscrición. A Escola…

Isto avanza! Terceiro curso do RuralActivo

Pasados xa os dous primeiros cursos, durante o mes de xaneiro teremos o máis que interesante curso ‘Agroecoloxía e diversificación de montes‘ , o único con tres sesións. Aínda que xa están esgotadas as prazas para ese curso, lembrade que tendes a posibilidade de vos inscribir no noso derradeiro curso ‘Coidados e atención á infancia e…

Programa das xornadas #porunRuralActivo

Xa temos programa definitivo para as xornadas de encontro sobre emprendemento #porunRuralActivo do 9 de novembro!! 10:30 Presentación 10:40 Unha experiencia de éxito, ReiZentolo 11:30 Mesa de experiencias: Monte Cabalar, Hortasán e Festival de Cans 13:00 Presentación de Estruming Days 13:10 Presentación da Escola de Coñecementos Será na Casa da Cultura de Santa María de…

Faladoiro

Imaxes do Ruralactivo

Aquí podedes ver algunhas imaxes do Ruralactivo, desde os encontros/faladoiros iniciais até algunha nova aparecida nos medios ou algún cartel promocional. Anímaste a participar nos seguintes pasos? Ruralactivo

Benvida ao Ruralactivo!

Despois dunha primeira etapa de encontros coa veciñanza, o Ruralactivo entra a partir de outubro nunha nova fase: a formativa. Impartiranse cursos segundo as necesidades detectadas, faranse visitas a iniciativas de interese e… moito máis! Séguenos neste blogue e poderás ir vendo e coñecendo moito do que iremos aprendendo. Queres recibir máis información? Escríbenos a…