Memoria da 1ª sesión do curso ‘Organización empresarial e financiamento alternativo’

O pasado día 19 de novembro tivemos a primeira sesión do curso ‘Organización empresarial e financiamento alternativo‘ con unha moi boa participación da xente, que a pesar do frío achegouse á casa da cultura de Santa María de Xeve e asistiu con atención ás dúas exposicións que houbo.

cartaz curso-1

A primeira exposición introdutoria realizouna Isabel Diez, de Feitoría Verde, S.Coop.Galega, e tivo como centro de atención os recursos para o autoemprego que podemos encontrar de diversas institucións e organismos. A segunda correu a cargo de Brais Pérez, de EnComún Proxectos, S.Coop.Galega, e ofreceunos un amplo percurso sobre as diferentes formas de organización empresarial existentes, centrándose finalmente na figura das cooperativas.

Podedes descargar as presentacións utilizadas nesta sesión na nosa Biblioteca.

Aquí tendes algunhas fotografías desta primeira sesión:

Deixar un comentario