Coñecendo… a Casa de Ana

Con esta entrevista á Casa de Ana inauguramos unha nova sección da nosa web, “Coñecendo…”, onde iremos dando voz a diversas experiencias emprendedoras, fundamentalmente no ámbito do rural.

Lugar no que asenta a Casa de Ana: Salcedo, Pontevedra
5 palabras que definan a iniciativa: rural, encontro, gastronomía, cultura, fogar

ACasadeAna4

Podedes presentar en poucas palabras a Casa de Ana?  Antano “A Casa de Ana” foi un casal de labranza que deu traballo a moitos xornaleiros da contorna. Se ben durante os últimos anos funcionamos coma un restaurante convencional, hoxe reinventámonos querendo recuperar ese espírito e ser un lugar de encontro onde as persoas atopen algo máis que boa comida.

Que vos animou a poñer en marcha este proxecto?  A constatación de que coa chegada da crise o modelo de restaurante quedaba caduco. Era necesario poñer a inventiva a funcionar e facer novas propostas, manterse presente nas redes sociais, facer aproveitamento integral das posibilidades do espazo e, dalgún xeito, transmitir para diferenciarse.

Que servizos ofrecedes?  Ademais de proseguir co gastronómico os venres, sábados e domingos, tamén comezamos a facer festas periódicas segundo a estación do ano (magosto, fin de ano, entroido, festa de temática cubana no verán…), normalmente en festivos ou vésperas. E a maiores diso dende aquí tamén se imparten clases de conversa en inglés ou obradoiros, coma o de agricultura ecolóxica aACasadeAna2 través da Asociación Seiva que hai a última fin de semana deste mes de outubro.

En que punto do proceso constitutivo vos atopades?  Plena actividade, dado que o restaurante deu apertura no ano 2000. Toda idea ou reforma tivo que aplicarse sobre a marcha dende entón.

Cal é o tipo de clientela que procurades?  En realidade a proposta vai no procura de contribuír á creación dun certo tecido social a nivel comarcal, e aí estamos falando dun encontro interxeneracional, así que a distinción non vén pola idade. No relativo ao hábitat, coido que nos diriximos a unha clientela que vive na cidade, pero que, un pouco cansa dela, quere redescubrir a autenticidade que ofrece o rural.

Como é un día de traballo na Casa de Ana?  Intenso, porque amais da planificación loxística e a cociña, a casa é grande e mantela en condicións require tempo e esforzo engadidos. Todos temos que estar sempre pendentes de varias cousas a un tempo para non quedar parados, pero iso tamén é un estímulo cando se sabe levar ben.

A nivel interno, que tipo de organización tedes?  Somos familia, así que plenamente horizontal. Cando o nivel de responsabilidade e de axuda está equiparado é máis fácil que todo saia como debe.

Adoptades medidas para a conciliación familiar e laboral?  Ao sermos as mesmas persoas na familia e no traballo, o que propia a conciliación é a confianza. Sabemos que cometido ten cada un, sabemos o que os demais están a facer en cada momento e o que saia do plan coméntase. Respectar iso xera tranquilidadACasadeAna3e.

Mantedes colaboracións con outras empresas do voso ou doutros sectores?  Arestora a casa é tamén sede de Seiva, unha asociación que traballa no ámbito ecolóxico (e da cal eu tamén formo parte), e esa coalición sérvenos para acelerar a dinamización do lugar: un colectivo móvese en redes diferentes á do outro, pero por afinidade nos obxectivos tales redes acaban confluíndo e refórzanse mutuamente.

Botades en falta empresas na parroquia de Salcedo? Se é que si, de que tipo?  En realidade, máis que a falta de empresas, o que se vén apreciando no rural pontevedrés (e alén da provincia) é unha quietude xeneralizada: perda da vida e o traballo en comunidade e enorme desaproveitamento dos recursos da terra. Non obstante, como agora ese parón se foi trasladando tamén ás cidades é probable que sexa o momento da recuperación. Parece haber indicios diso.

Como imaxinades a vosa parroquia dentro de vinte anos?  Agardamos que activa, habitada pola mocidade, limpa e coidada, produtiva. Cara aí temos que ir, por nós e polos que veñan.

ACasadeAna

Por alusións d’A Casa de Ana… a nosa próxima entrevistada será a asociación Seiva! Mantéñanse atentas 😉

2 comentarios en “Coñecendo… a Casa de Ana

  1. Pingback: Coñecendo… a Casa de Ana

  2. Pingback: Coñecendo a… asociación Seiva |

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s