Coñecendo… o grupo de consumo A Gradicela

Aquí tendes a terceira entrega das entrevistas a iniciativas do Concello de Pontevedra. Hoxe coñeceremos un pouco mellor o grupo de consumo A Gradicela.

Lugar no que asenta: Pontevedra
5 palabras que definan a iniciativa: consumo ecolóxico xusto responsable local

logoGradicelaPodedes presentar en poucas palabras A Gradicela? Grupo aberto, actualmente de 20 unidades familiares, que realizamos compras directamente
cos produtores máis cercanos dos produtos ecolóxicos que podemos consumir.

Que vos animou a pór en marcha este proxecto? Necesidade de mercar produtos locais para cambiar o sistema actual de consumo que non paga ao productor o prezo xusto.

Que servizos ofrecedes? Mercamos directamente aos produtores ecolóxicos.

A que tipo de persoas vos dirixides? Consumidores comprometidos co inxusto sistema actual.

compras_de_agostoComo é un día de actividade n’A Gradicela? Quincenalmente facemos os pedidos aos produtores recollendo e repartindo no local que temos.

A nivel interno, que tipo de organización tedes? Comisións de traballo (pedidos, administración, repartición,…).

Mantedes colaboracións con outras iniciativas do voso ou doutros sectores? Si, coa Rede galega de consumo consciente. (Aquí tendes un mapa localizando diversas iniciativas que participan na Rede.)

Botades en falta iniciativas semellantes na vosa contorna? Se é que si, de que tipo? Botamos en fala a conciencia da xente para apoiar a economía local.

Como imaxinades a vosa cidade dentro de vinte anos? Pouco cambiada se non logramos ser menos egoístas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s