Coñecendo a Isabel e Susana

O RuralActivo quere despedirse con esta entrevista a Isabel e Susana, dúas veciñas do lugar dos Fontáns, en Santa María de Xeve. Participaron activamente neste proxecto desde o seu comezo e están a pór en marcha un proxecto de autoemprego. Para elas todos os nosos mellores desexos e todo o noso apoio!!

Lugar no que asenta: En Maúnzo (Sto. André de Xeve) Pontevedra.
5 palabras que definan a iniciativa:
Local, ecolóxica, bonita, filosofía de vida e experimental.

Isabel e Susana

Podedes presentar en poucas palabras a vosa iniciativa? Pór en produción fincas abandonadas e de monte de Xeve para a produción de produtos ecolóxicos e silvestres.

Que vos animou a pór en marcha este proxecto? Dedicarnos ao que nos gusta e revitalizar o agro da nosa contorna dun xeito respectuoso co medio ambente.

Que opinades do RuralActivo? Parécenos un proxecto moi interesante, estimulante e necesario debido a todo o abandono que existe no rural, a apatía da xente, a falta de ilusión e a pouca axuda que existe para iniciar calquera proxecto.

Axudouvos a preparar o voso emprendemento? Axudounos a que nos coñeceramos. Somos veciñas de Fontáns, un lugar de Sta Mª de Xeve, só nos coñeciamos de vista e asistindo ás actividades do RuralActivo comezamos a falar e planear o que se podería facer na nosa contorna.

Que tipo de axuda vos gustaría recibir agora do Concello de Pontevedra? Que arranxase as pistas que comunican as fincas, están totalmente abandonadas e é imposible acceder cun vehículo a elas polo que nos dificulta moitísimo o noso traballo. Tamén nos gustaría que organizase un mercado semanal de produtores ecolóxicos da zona na cidade de Pontevedra apoiando as iniciativas como a nosa, dándonos publicidade, apoiándonos economicamente coma creadoras de posibles novos posvista xeral da hortatos de traballo, coa nosa actividade tamén estamos a educar ambientalmente os nosos veciños e futuras xeracións, cousa que deberían facer as institucións públicas…

Que servizos ofrecedes ou que actividades desenvolvedes? Ofrecemos cestas de produtos da nosa horta e silvestres.

A que tipo de clientes vos dirixides? A particulares, grupos de consumo e tendas especializadas.

Como vos organizades? As dúas facedes de todo ou vos repartides as tarefas? Polo de agora temos outros traballos fóra da horta cada unha, dependendo do tempo libre que teñamos dedicámonos máis ou menos cada unha.

Colaborades con outras iniciativas do voso ou doutros sectores? Estamos en contacto con outros produtores e iniciativas que teñan que ver co agro, estamos a formar unha asociación cultural na zona onde vivimos para recuperar parte do patrimonio cultural e natural, fomentar actividades sociais…

Botades en falta iniciativas semellantes na vosa contorna? Si, botamos en falta que non haxa outros agricultores na nosa zona que teñan os mesmos intereses que nos para poder distribuir o produto en conxunto, apoiarnos nas épocas de maior traballo, facer mercado….

Por último, como imaxinades a vosa zona dentro de vinte anos? Sen diferenzas, a xente traballando no agro só para autoconsumo. A xente nova non ten iniciativas no campo.

Grazas Isabel e Susana e moi boa sorte coas vosas estupendas iniciativas!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s